25.7 C
Málaga
jueves, julio 3, 2025

A VIII Xornada de Onomástica explora o papel dos nomes de lugar e persoas na cultura popular

Más leídos

malagaldía
malagaldíahttps://www.malagaldia.es/
Equipo compuesto por periodistas que seleccionan el contenido más adecuado a la línea editorial del Periódico malagaldia.es, estas noticias provienen de agencias de información, agencias colaboradoras, comunicados de prensa y artículos de opinión recibidos en nuestras oficinas.
  • O encontro do Seminario de Onomástica da Real Academia Galega, organizado coa colaboración da Deputación de Pontevedra e o Museo de Pontevedra, terá lugar o sábado 21 de outubro no Edificio Castelao do museo provincial
  • As sesións prestaranlle atención especial á presenza dos nomes de lugares e persoas no cancioneiro popular

 

A Coruña, sábado 7 de outubro de 2023.- A VIII Xornada de Onomástica Galega explorará o vindeiro 21 de outubro dende Pontevedra o papel dos nomes propios e a súa riqueza na cultura popular. O encontro anual que organiza o Seminario de Onomástica da Real Academia Galega, coa colaboración coa Deputación de Pontevedra e do Museo de Pontevedra, prestaralle nesta ocasión atención especial á presenza da toponimia e a antroponimia no cancioneiro, e terá tamén en conta outros xéneros. Haberá ademais tempo para coñecer experiencias dende o mundo educativo relacionadas co tema da xornada, que rematará cunha actuación musical de Tralo-Valo.

 

As sesións desenvolveranse en horario de mañá e tarde no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra. As persoas que desexen seguilas presencialmente deben inscribirse enviando un correo electrónico, antes do 18 de outubro, a publicacions@academia.gal cos datos que se indican no programa, dispoñible en academia.gal. O programa poderá seguirse tamén en directo a través de academia.gal e a canle de Youtube da Real Academia Galega.

A través da cultura popular, a cita permitirá profundar na relación da onomástica coa oralidade, explica a académica Luz Méndez, coordinadora da xornada canda a académica de número Ana Boullón. “O eixo central, desta volta, é a expresión popular dos nosos nomes, transmitida durante xeracións e significativa para entender a nosa idiosincrasia tamén en canto á comunicación, á complicidade ou aos sobreentendidos que nos unen como pobo”, detalla. “Coma sempre e, ante todo, a xornada quere abrir novas perspectivas de estudo da ciencia onomástica a aspectos pouco analizados entre nós, xerar debate científico e divulgar e normalizar os nomes propios persoais e de lugar”, conclúe.

 

Os topónimos, os nomes de persoa e os nomes de santos no cancioneiro centrarán os tres primeiros relatorios, a cargo de Domingo Blanco, Xosé Miranda Ruíz e Xosé Ramiro Cuba Rodríguez, respectivamente. A sesión da mañá continuará cunha achega de Antonio Reigosa Carreiras sobre a onomástica no conto galego de tradición oral e a ollada á relación entre a onomástica e a antropoloxía en Galicia de Elena Freire Paz.

 

A sesión da tarde arrincará cun relatorio de Carlos Baliñas Pérez sobre os usos sociais do cognomentum (alcumes, sobrenomes, nomes familiares…) na Galicia altomedieval e deseguido continuará cunha contribución dende o mundo da didáctica, como é costume nestas xornadas dende os seus comezos. Será da man da cantora, improvisadora e filóloga Alba María, que profundou co seu alumnado de secundaria na relación entre os romances e a onomástica.
Enviado por José Antonio Sierra
Coordinador lenguas cooficiales 
- Publicidad-

Otros títulos

spot_imgspot_imgspot_imgspot_img

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí

- Publicidad -
spot_imgspot_imgspot_imgspot_img

Últimos artículos

malagaldia
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.

Ir a la barra de herramientas